«  volver

 

Xustiza ártabra. Vítor Mejuto (Contextere. Tecer Galiza)

Cliente: 
DARDO
Fecha proyecto: 
September, 2021

O artista galego Vítor Mejuto foi invitado por Dardo a traballar sobre os restos escultóricos do Monasterio de Santa Catalina de Montefaro en Ares, hoxe no Castelo de Santo Antón na Coruña. Dise que Ares Está situado no "seo dos ártabros", pobo de raza celta que a ocupou e do que quedaron moitos vestixios, así como doutros pobos que nela establecéronse ou por ela pasaron. O mosteiro de Santa Catalina, en Montefaro, Ares, permanece incólume desde que, en 1145, foi fundado polo conde Pedro de Osorio. Posteriormente foi abandonado polos franciscanos en 1835, tras a desamortización de Mendizábal, e convertido a continuación nun rexemento do exército. Desde o ano 2000, o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro é propiedade do Concello quen nolo cedeu para facer esta exposición.
As obras realizadas polo exército sacaron á luz grande cantidade de restos escultóricos de factura se-mellante á citada portada: Capiteis, lápidas sepulcrais, cabezas de estatuas, canecillos e fragmentos de arcos, que tras estar varios anos adornando a alameda de acceso ao Mosteiro-Cuartel trasladáronse ao museo de San Antón (A Coruña). Vítor Mejuto pintou estes restos para recolocalos no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, inmortalizando ese importante legado e levándoo durante un tempo ao seu lugar de orixe.
Toda a documentación da exposición quedou plasmada nunha pequena publicación editorial cun texto de David Barro e coa documentación fotográfica dos restos escultóricos fronte as obras realizadas ex profeso para este proxecto.

Proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña