« volver
Quero ver o mar. Laura González Cabrera (Contextere. Tecer Galiza)
Laura González Cabrera tomou a idea de facer un proxecto sobre a poeta galega Rosalía de Castro atraída especialmente pola súa condición de muller pioneira e a súa identidade fronteiriza, tanto desde o lugar onde residía e quixo traballar, como pola súa faceta de política e lingüista e a súa vocación atlántica.
Desde o punto de vista plástico, Laura González Cabrera quixo comezar a traballar coa frase que Rosalía pronunciou antes da súa morte “Quero ver o mar…”. Para iso Laura González Cabrera, debulla as poesías de Rosalía, tomando aquelas palabras escritas en galego e que dunha forma ou outra refírense a auga. Laura trata de empaparse do entorno galego, da nosa paisaxe, do significado da auga para esta terra, realizando así un labor de inmersión na contorna no que está traballando e mergullándose de cheo nel. Ao mesmo tempo, cambiou as cores coas que traballa habitualmente, tons cálidos (vermello, laranxa, terra…) para pasar aos tons fríos azuis e escuros evocando á auga, ao mar, ou aos ceos en Galicia. Tamén as súas liñas sofren unha transposición pasando das habituais verticais a usar por primeira vez as horizontais, evocando á horizontalidade do mar e as ondas. Crea unha urdime tomando como referencia os teares galegos ou o acto de tecer.
Varios son os paisaxes de Rosalía de Castro, cruciais na súa vida e na súa obra, como a aldea de Castro de Ortoño, no municipio de Ames, veciño de Brión onde se alza a igrexa de San Xulián de Bastavales, cuxas campás protagonizan algúns dos versos máis famosos de Rosalía. Un pouco máis ao sur, en Lestobre (Dodro), está o Pazo da Ermida, berce dalgunhas das súas obras. Muxía e Padrón son outras localidades clave, aínda que a gran pegada rosaliana atópase na Casa da Matanza, última morada da autora e sede actual da fundación que leva o seu nome, onde dirá a frase que toma como punto de partida a pintora Laura González Cabrera.
Proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña
DARDO
Rúa Pérez Costanti, 12
15702 Santiago de Compostela
T. +34 881 018 893
info(at)dardo.gal