« volver
Lazos Mecánicos
Lazos mecánicos é un proxecto iniciado en 2023 polo Museo de Arte Contemporánea do País Vasco - Artium Museoa que busca abrir as salas de exposición ás artes performativas. Estas accións efémeras, tradicionalmente relegadas a espazos máis informais, conquistan o museo para activar exposicións, interpelar os seus visitantes e dialogar co propio espazo. É por iso que a imaxe para a 2ª edición do ciclo, comisariada por Iñaki Martínez Antelo, está baseada na peza Números Primos, de Esther Ferrer, unha intervención permanente que ocupa a praza interior do museo e sobre a cal se desenvolveu algunha das pezas. Desde Dardo encargámonos de desenvolver a gráfica expositiva e os distintos soportes para a difusión do evento.
Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)


DARDO
Rúa Pérez Costanti, 12
15702 Santiago de Compostela
T. +34 881 018 893
info(at)dardo.gal


