«  volver

 

June Crespo. Helmets

Cliente: 
Fundación María José Jove
Fecha proyecto: 
September, 2020

Helmets é unha monografía dedicada á artista  June Crespo que inaugura un novo formato editorial vinculado ao Premio Internacional de arte Fundación María José Jove, co que esta institución pretende incidir no seu compromiso co apoio aos artistas, o estudo da súa obra e a súa visibilidade.

A publicación –cun texto crítico da comisaria Chus Martínez e unha extensa conversación entre  June Crespo e Susana González, directora da Colección de arte– revisa a traxectoria da artista desde os seus comezos ata a actualidade.

A práctica artística de  June Crespo identifícase sobre todo coa escultura, mediante a cal desenvolve unha linguaxe baseada en procedementos como a colaxe ou a ensamblaxe. A súa obra remite ao corpo –á súa capacidade relacional– e o seu proceso conleva unha  reconfiguración dos obxectos que moitas veces incorpora eventualidades como a rotura, a imperfección ou a pegada.

A publicación articúlase como un xogo de capas e fragmentos: a alternancia de distintos tipos de papel, pregos a unha e catro tintas ou as imaxes de referentes históricos entrelazadas nos textos conforman ritmos e texturas que remiten ao traballo da artista. A capa final é a delicada cuberta rosa que envolve o volume e convértese na fina pel deste corpus sobre a obra de  June Crespo.