« volver
II Xornadas Artesanía no Prato
Cliente:
Fundación Pública Artesanía de Galicia
Fecha proyecto:
October, 2019
DARDO ocupouse da distribución do espazo e deseño dos elementos gráficos da segunda edición das Xornadas profesionais Artesanía no Prato, organizadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia, que se desenvolveron durante dous días no Hall de Expocoruña.
Para a gráfica esta vez optouse por un azul marino intenso, en consonancia con moitas das pezas de artesanía presentes no evento, que inundou o espazo desde os delantais de artesáns e cociñeiros á rotulación. En sintonía cos valores de sustentabilidade que representa a artesanía reduciuse o uso de moqueta —reservándoa so á a entrada e lugar de actividades— optando pola creación de topos de vinilo antideslizante que marcase o percorrido, deixando o chan á vista coas imperfecións do mesmo.
Fotografías de proxecto: Arxina Fotografía

DARDO
Rúa Pérez Costanti, 12
15702 Santiago de Compostela
T. +34 881 018 893
info(at)dardo.gal