«  volver

 

Galicia. Procesos e Formas. Porto Design Biennale 2023

Cliente: 
Fundación DIDAC
Fecha proyecto: 
October, 2023

Galicia. Procesos e formas constrúe unha historia de Galicia a través do seu deseño. Este proxecto expositivo e editorial foi a representación de Galicia como país convidado á Porto Design Biennale 2023.

A gráfica expositiva proporcionou un marco estético e conceptual que permitiu navegar a través de cen anos de deseño, artesanía e innovación en Galicia. A imaxe deseñada por Dardo converteuse así no rostro da maior retrospectiva do deseño galego fóra das nosas fronteiras.

Como preludio á exposición presentouse un libro coeditado por Experimenta e a Fundación DIDAC, que recolle as achegas máis destacables do deseño galego. O libro parte dunha exploración do pasado e do panorama presente para acabar realizando unha proxección de como traballar desde o deseño de cara a acadar o mellor dos futuros posibles. A portada adianta esta intencionalidade prospectiva do libro cun símbolo procedente das antigas cartas de navegación, a rosa dos ventos, que marca os rumbos no horizonte.

Unha segunda publicación con textos máis breves e editada en tres idiomas serve como rexistro visual de todo o proxecto, que contou co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación.

Tipografías empregadas: Atlántica Serif e Isaac Sans (Mais Types)

Fotografías: Esnosia

 
Galicia Procesos e Formas
Galicia Procesos e Formas
Galicia Procesos e Formas
Galicia Procesos e Formas
Galicia Procesos e Formas