«  volver

 

Fecemolo co corpo. A performance é cdousa de mulleres.

Cliente: 
Auditorio de Galicia. Concello de Santiago de Compostela.
Fecha proyecto: 
September, 2025

A mostra Facémolo co corpo. A performance é cousa de mulleres, comisariada pola cooperativa Performa, ocupou este último verán a sala de exposicións do Auditorio de Galicia. A través de rexistros fotográficos, audiovisuais e mesmo de pezas físicas, a exposición facía un percorrido polo traballo dun importante número de artistas que abordaron a performance no contexto galego durante as últimas décadas. 

Tanto na gráfica expositiva como na pequena publicación recomplilatoria, tivemos o privilexio de traballar coa fotografía orixinal Holding Emptiness da grand mestra Marina Abramović, tamén presente na exposición. O noso agradecemento á artista, a Bernal Espacio Galería e, sobre todo, ao Auditorio de Galicia e aos comisarios Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo pola oportunidade de formar parte deste marabilloso proxecto.

 
Facemolo co corpo. Dardo.
Facemolo co corpo. Dardo.
Facemolo co corpo. Dardo.
Facemolo co corpo. Dardo.