«  volver

 

Dalí. Litografías de los excesos pantagruélicos

Cliente: 
Fundación Bancaja
Fecha proyecto: 
December, 2020

Dalí. Litografías de los excesos pantagruélicos é o catálogo dunha exposición homónima comisariada polo crítico e filósofo Fernando Castro para a Fundación Bancaja. A mostra reúne unha serie de 25 litografías a modo de caricaturas de personaxes grotescos que Dalí recreou a partir das ilustracións de François Desprez para a obra literaria  Gargantúa e Pantagruel, escrita por François Rabelais no século  XVI.

A publicación estrutúrase intercalando os bloques de texto crítico en tres idiomas (castelán, valenciano e inglés) coa serie de litografías comentadas e acompañadas da estampa orixinal de Desprez sobre a que traballou o artista catalán. Os duotonos sobre papel offset tentan recrear o efecto das litografías orixinais sobre papel xaponés.

O título da exposición en letras rotundas –“ pantagruélicas”– ocupa gran parte dunha portada en papel  texturado vermello, que remite á voracidade e ao visceral, dúas dos eixos temáticos do ciclo pantagruélico.