« volver
Cristina Garrido. El mejor trabajo del mundo
El mejor trabajo del mundo reúne un total de dez traballos da artista Cristina Garrido desde o ano 2011 ata a actualidade, no que se recoñecen intereses sostidos e unha madurada liña conceptual centrada en analizar todo o que engloba o mundo da arte contemporánea. O deseño do libro pode entenderse como unha extensión da propia obra, cunha portada en papel craft que fai alusión á idea de envoltorio e unha imaxe da súa exposición na Fundación DIDAC pegada a modo de postal. Ao abrir a publicación o primeiro que se ve é o que parece un papel deixado por descoido: un pequeno boletín de avaliación da Camberwell College of Arts con notas e comentarios de varios profesores que a artista quixo incluír como lembranza do seu paso pola devandita escola.
El mejor trabajo del mundo é tamén o título do proxecto exposto por Cristina Garrido na Fundación DIDAC, no que expón unha reflexión sobre a realidade oculta tras o ideal de éxito atribuído aos artistas. A sala emulaba un escenario no que se retransmitía a través de altofalantes ocultos o testemuño de diversos creadores que nun momento dado abandonaron a súa produción. Co fin de recoller estes testemuños a Fundación editou tamén un libreto que recolle as súas transcricións e que funcionaba como guía para visitar a instalación.
DARDO
Rúa Pérez Costanti, 12
15702 Santiago de Compostela
T. +34 881 018 893
info(at)dardo.gal