« volver
CON/SUERE
CON/SUERE é o proxecto de investigación e creación de Ana Pérez Valdés, desenvolvido durante a súa residencia na Cidade da Cultura. O traballo afonda na historia da moda poñendo o foco no auxe da costura doméstica.
Para materializar a investigación, deseñouse unha publicación en formato A4 que emula as revistas de moda históricas que, desde finais do século XIX ata mediados do XX, popularizaron a confección de pezas en máquinas de coser caseiras.
O deseño editorial reproduce o estilo destas publicacións antigas, co emprego de capitulares, grandes titulares centrados e imaxes intercaladas con recortes, ornamentos e marcos.
O concepto da portada nace das antigas rodas selectoras de puntadas para máquinas de coser. Os motivos lineais das costuras estruturan a composición da cuberta e tamén funcionan por separado como elementos ornamentais na maqueta interior.







DARDO
Rúa Pérez Costanti, 12
15702 Santiago de Compostela
T. +34 881 018 893
info(at)dardo.gal


