«  volver

 

Artesanía no Prato en Casa de Galicia.

Cliente: 
Artesanía de Galicia.
Fecha proyecto: 
October, 2025

Artesanía no Prato é un proxecto da Fundación Artesanía de Galicia que desde 2013 favorece colaboracións e converxencias entre artesanía, deseño e gastronomía a través de diversas accións como showcookings, feiras ou publicacións. Desta volta, o proxecto tomou forma de exposición na Casa de Galicia en Madrid, a sede institucional da Xunta de Galicia na capital.

O deseño expositivo concibiuse estratexicamente para superar os desafíos do espazo e favorecer a visibilidade das pezas. A sala-auditorio foi vestida con bandeiras de gran formato para crear un ambiente visualmente envolvente; e os paneis expositivos da planta superior expuxéronse como elementos de comunicación esenciais para contextualizar o labor creativo de artesáns e cociñeiros.

En conxunto, o deseño opera como unha ferramenta discreta que subliña a calidade, a tradición e a innovación da artesanía galega que dá soporte á gastronomía. O produto artesán é o verdadeiro protagonista dunha exposición que traslada a Madrid a excelencia do feito a man.

 
Artesania no prato. Casa Galicia Dardo
Artesania no prato. Casa Galicia Dardo
Artesania no prato. Casa Galicia Dardo
Artesania no prato. Casa Galicia Dardo
Artesania no prato. Casa Galicia Dardo
Artesania no prato. Casa Galicia Dardo
Artesania no prato. Casa Galicia. Dardo