« volver
361+1. Axenda Xacobea
A axenda recolle en cada unha das súas 365+1 entradas (incluíndo anos bisestos) algún feito histórico acontecido ese día ao longo dos doce séculos de existencia do Camiño. Algúns deles preséntanse cun tratamento gráfico especial: con iconas identificativas para os relacionados con Galicia ou co Ano Santo. A información acompáñase de fermosas fotografías do Camiño de Manuel Valcárcel e Ovidio Aldegunde, que introducen o comezo de cada mes.
O proxecto divulgativo amplíase coa versión en liña do calendario, que se pode consultar diariamente na web do Xacobeo 2021 e que ofrece, ademais da reseña diaria, as fontes bibliográficas e documentais das que se nutre.








DARDO
Rúa Pérez Costanti, 12
15702 Santiago de Compostela
T. +34 881 018 893
info(at)dardo.gal


