Moitas veces preguntámonos cal é o traballo dos creadores. Ás veces, aínda temos en mente a imaxe romántica do artista, o arquitecto, o enxeñeiro, o xenio encerrado na súa atalaia, pensando mundos incribles que ninguén máis pode chegar a concibir. Fronte a esta visión idealizada, en Que fai un/ha creador/a no meu barrio?, aprenderemos a crer que a creatividade non é algo alleo a ningún de nós e a entender que todos somos capaces de lanzar unha mirada activa ao que nos rodea e imaxinar posibilidades de mellora para a nosa contorna cotiá se manexamos as ferramentas adecuadas.
Que fai un/ha creador/a non meu barrio? é un proxecto participativo, colaborativo, no que os creadores se inseren no contexto, no medio cidadán, para traballar con pequenos grupos de persoas e entre todos e todas pensar outros espazos posibles, outros aspectos, dos nosos lugares de tránsito e uso cotián. Se queres colaborar con eles e pensar o teu lugar próximo, o teu espazo de uso común, o teu parque, o teu barrio, podes participar neste proxecto. Os creadores axudarannos a utilizar as ferramentas necesarias para conseguir darlle unha volta ao que temos máis preto.
Só tes que inscribirte, reservar unha das prazas gratuítas e participar nas xornadas propostas en Que fai un/ha creador/a non meu barrio?
Kit de autoxestión veciñal.
Cos deseñadores Cenlitrosmetrocadrado
Do 25 ao 29 de marzo de 2019
Horario de luns a xoves de 18 a 20 horas
Venres de 17 a 19 horas
A partir de 16 anos
Prazas limitadas
Ver o resultado do proxecto
Pensar Caranza. A imaxinación como recurso.
Cos arquitectos CREUSeCARRASCO
Os días 26, 27 de xaneiro e 2,3 de febreiro, de 2019
De 11 a 13 horas
A partir de 18 anos
Prazas limitadas