«  volver

 

Tenda online rosamendez.com

Cliente: 
Rosa Méndez
Fecha proyecto: 
October, 2020

Como parte estrutural do sistema de innovación do conxunto da economía, a artesanía precisa aproveitar as tecnoloxías ao seu alcance para proxectar e facer evolucionar o seu potencial de incidencia social e, para iso, non hai mellor maneira de protexela que renovando as súas canles de distribución, facendo máis dinámica e visible as súas funcións e características.
Considerando que os usuarios se conectan a internet desde dispositivos moi diferentes, o deseño da páxina web e da tenda en liña de Rosa Méndez adáptanse a cada tipo de pantalla e resolución, seguindo as filosofías « Responsive Web  Design» e « mobileFirst»; deseñar primeiro para pantallas pequenas eliminando toda a información superflua e deixando só os elementos fundamentais considerando que o contido é o primeiro e adaptala ao resto de dispositivos. Ademais, o desenvolvemento fíxose co software libre Woocommerce o que facilita o uso por parte do cliente.
O deseño da web respira contemporaneidade e minimalismo reflectindo o espírito da marca.

rosamendez.com